Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

viernes, 27 de octubre de 2017

Postal de Samaín

Postal coa que a nosa clase lle felicita o Samaín á clase de 2º do CEIP Pérez Viondi da Estrada.

Galletas de Samaín

Carmen tróuxonos hoxe cadansúas saborosas galletas de Samaín.

Seres terroríficos no cole

Para decorar o cole co gallo do Samaín, algúns compañeiros/as da clase achegaron obxectos terroríficos:

Momia, cabaza e morcego de Dani Ferrero.

Cabaza de Noa.

Cadaleito

Daniel Lorenzo achegou ao cole un cadaleito cun sinistro zombi dentro, que se bota a rir se lle tocas o nariz.

miércoles, 18 de octubre de 2017

Xa está aquí o Samaín

Algunhas ideas para o Samaín.
Lembrade que celebraremos unha exposición de obxectos decorativos de Samaín no cole o día 31 de outubro e que poderedes achegar os vosos traballos a partir do día 23. Animádevos a participar!