Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

domingo, 25 de diciembre de 2016

Algunhas restas

Un pouquiño de Matemáticas, con restas que podedes practicar nos niveis 1 e 2. A intentalo!

Manualidades para o Nadal

Aquí atoparedes moitas manualidades para pasar ratos estupendos e decorar o voso Nadal en familia.

Crebacabezas de Nadal

Picade na imaxe para acceder a unha morea de crebacabezas sobre o Nadal con distintos niveis de dificultade. Seguro que vos divertides!

sábado, 24 de diciembre de 2016

A verdadeira historia da Árbore de Nadal

Neste vídeo relátannos a verdadeira historia da árbore de Nadal, unha historia entrañable de como unha árbore cumpríu a súa misión de avisar a todos os que a vían de que o Neno Xesús nacera. Desde aquela, todos os anos a árbore de Nadal lémbranos a noite na que o Neno naceu e nela os Reis Magos deixan agasallos para as persoas que foron boas e carbón para as que non o foron. Vós fostes bos? Si? Logo teredes moitos regalos.

jueves, 22 de diciembre de 2016

Repasando no Nadal

Imprimide este caderno se queredes repasar durante o Nadal os contidos do 1º trimestre. Atoparedes caligrafía, sumas e restas, series numéricas, decenas e unidades e comprensión lectora. Premede xa no debuxo!

Chocolatada e agasallos de Nadal

O día 21 de decembro despedimos o 1º trimestre cunha chocolatada preparada pola ANPA do centro para todo o alumnado e profesorado. Tamén nos visitou Papá Noel, que nos deixou cadanseu agasallo: unha bolsiña con larpeiradas. Todo riquísimo!

O chocolate quentiño.

                        As rosquillas.             As lambetadas de Papá Noel.

martes, 20 de diciembre de 2016

lunes, 19 de diciembre de 2016

viernes, 16 de diciembre de 2016

martes, 13 de diciembre de 2016

Atopa o intruso

Traballamos a categorización e a atención con estas actividades de identificación de intrusos:

Pica na imaxe para atopar os intrusos.

Canción infantil "Me tranquilizo"

Unha canción que nos axudará a tranquilizarnos se estamos nerviosos, inquietos ou enfadados.

viernes, 9 de diciembre de 2016

Árbores de Nadal

Mirade que árbores de Nadal tan chulas fixeron os nenos e nenas de 1º coa axuda das súas familias para decorar o cole:

Víctor

Carlos

Carmen

Noa

Dani Lorenzo

Saúl

Daniel Ferrero

Martín

jueves, 8 de diciembre de 2016

Festa da Poesía

O día 30 de novembro tivo lugar no Teatro Principal da Estrada a XI Festa da Poesía, organizada polo Concello da Estrada. Nela interviñeron cinco rapaces e rapazas do noso centro, entre os que se atopaba Martín, que recitou a poesía de Ana Mª Fernández "Se moes coa moa". Aquí vos deixamos o texto do poema e tamén algunhas fotos do acto.

jueves, 1 de diciembre de 2016

Viaxe ao espazo

O día 30 de novembro visitamos, xunto aos nenos e nenas de infantil e de 2º de primaria, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago.
Percorremos as instalacións do Observatorio, entre elas, a biblioteca:


Tamén fomos testemuñas de como se abre a cúpula sobre o gran telescopio:


Na seguinte ligazón podedes acceder ás fotos da excursión: Fotos.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Wilbur, the cat

Debuxos con ceras do gato Wilbur, realizados na hora de Plástica coa profe de Inglés.

Dani Lorenzo                             Dani Ferrero

 Noa                                           Martín

Saúl                                             Víctor

Carmen                                         Carlos

Votación de palabras

A nosa clase participou na votación para elixir as palabras que deberán aparecer nos textos que se presentarán ao IV Concurso de Microrrelatos e Micropoemas, organizado por Dinamizaestrada para todo o alumnado dos centros educativos da Estrada.
Velaquí a urna, as papeletas e o taboleiro coas palabras candidatas, extraídas todas da obra de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:

martes, 8 de noviembre de 2016

Máis sumas ata 10

Velaquí algunhas sumas cuxos resultados serán sempre números do o ao 10. A sumar!

Premede na imaxe para comezar o xogo.

domingo, 6 de noviembre de 2016

jueves, 3 de noviembre de 2016

Cheo de Moscas

Na porta da aula de PT apareceu o monstro Cheo de Moscas, que está moi triste porque todos se burlan del por estar cheo de moscas. Así que entre todos os nenos e nenas do cole decidimos animalo escribíndolle unhas notas agarimosas e pegándollas no corpo para que as teña sempre cerca. Quedou moi guapo!

As nosas mensaxes.

O monstro Cheo de Moscas.

martes, 1 de noviembre de 2016

Cabazas terroríficas

No cole organizouse na última semana de outubro unha exposición de cabazas de Samaín decoradas polo alumnado coa axuda das súas familias. Algúns dos nenos e nenas da nosa clase participaron con cabazas que daban moooooito medo! Aquí podedes velas, con coidado e tapando un pouco os ollos:

Daniel Lorenzo

Víctor Martínez

Saúl Otero

Noa Mendoza

Daniel Ferrero

jueves, 27 de octubre de 2016

Postal-momia

Un ano máis, felicitámoslles o Samaín aos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi da Estrada, esta vez cunha postal-momia.


martes, 25 de octubre de 2016

domingo, 23 de octubre de 2016

Contar con lámpadas

Temos preparadas unhas lámpadas de cores para xogar convosco. Tedes que facer clic nelas para acendelas ata conseguir o número indicado.

Premede na imaxe para empezar o xogo.

viernes, 21 de octubre de 2016

Orientación espacial

Aquí podedes practicar a orientación espacial: cerca-lonxe, aberto-cerrado, esquerda-dereita, arriba-abaixo, igual-diferente, fóra-dentro...

Premede na imaxe para comezar as actividades.

Autorretratos

No taboleiro da aula temos os autorretratos que fixemos ao principio do curso.

jueves, 20 de octubre de 2016

Divertidas receitas de Samaín

Premede na imaxe para ver dezasete divertidas receitas con fantasmas, zombies, momias, bruxas e outras criaturas terroríficas.