Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

jueves, 26 de enero de 2017

Eu teño alguén

Velaquí o vídeo coa canción que cantamos todos no salón de actos do cole o 30 de xaneiro para celebrar o Día da Paz. Escoitádea un chisco cada día para aprendela ben. A ensaiar!

miércoles, 25 de enero de 2017

Pombas da paz

Estas son algunhas das pombas que fixemos con cartolina e papel de cociña para celebrar, o 30 de xaneiro, do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.


domingo, 15 de enero de 2017

jueves, 12 de enero de 2017

Sopa de letras

Con esta divertida sopa de letras vaste familiarizar co vocabulario relacionado coa paz. Debes buscar palabras como "diálogo", "bondade" ou "perdoar". Hache encantar!

miércoles, 11 de enero de 2017

Descubre a cara

Le a descrición do personaxe e completa a cara seguindo as instrucións. Verás que caras tan divertidas saen!

sábado, 7 de enero de 2017

Xoga con Perico

Xoga co papagaio Perico a: "Diferenzas", "Cada ovella, coa súa parella", "Palabras en liña", "Píntao de cores", "Os absurdos" e "Labirinto". Verás que divertido!

jueves, 5 de enero de 2017

O xogo dos contos

Queredes escoitar o conto de Brancaneves e o de Os tres porquiños? Despois poderedes realizar algúns xogos para averiguar se comprendestes ben os contos.

Premede na imaxe para comezar.

miércoles, 4 de enero de 2017

Foto cos Reis Magos

Neste novo xogo de Nadal, podedes deseñar un personaxe que se pareza a vós e sacar así unha foto cos Reis Magos de Oriente. Premede na imaxe e preparádevos para saír moi ben xunto ás Súas Maxestades!