Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

domingo, 30 de abril de 2017

Tengo una Muñeca Vestida de Azul

Velaquí a canción que aparece no libro de lecturas Historias de Papel. Si, é a que di: "Tengo una muñeca vestida de azul, con su camisita y su canesú. La saqué a paseo, se me constipó. La tengo en la cama con mucho dolor". 
¡A ver se a aprendes!

sábado, 29 de abril de 2017

Expresión escrita

Separamos palabras e escribimos frases cos seguintes exercicios.

Ortografía

Repasamos a ortografía do curso con dúas tandas de exercicios.


Tratamento da información

Completa esta táboa unindo as figuras das cores correspondentes.

Anterior e posterior ata o 99

E agora, repasamos o número anterior e posterior con números ata o 99.

Series numéricas ata 99

Imos agora con series numéricas ata o número 99.

Sumas de tres sumandos sen levada

É importante que repases as sumas de tres sumandos, polo de agora sen levar.

Sumas de dous sumandos levando

Neste trimestre, tócanos aprender a sumar levando. Empeza a practicar con estas sumas:

miércoles, 26 de abril de 2017

Himno de Galicia

O día 12 de maio, para rematar o festival das Letras Galegas, cantaremos todos o himno galego. Para que vaiades ensaiando, aquí vos deixo o karaoke co himno de Galicia. 

martes, 25 de abril de 2017

sábado, 22 de abril de 2017

O rap da lingua

Con este vídeo, poderás practicar o rap da lingua, que cantaremos os nenos e nenas de 1º e 2º o vindeiro 12 de maio no festival das Letras Galegas.



E, se premes nestas notas musicais, terás a letra da canción:

sábado, 8 de abril de 2017

Plástica

Agora toca divertirse un pouquiño con actividades de Plástica. Adiante!

Medios de transporte e comunicación

Embárcate xa nestas actividades sobre os medios de transporte e de comunicación. 

As plantas

Aprende moitas cousiñas sobre as plantas entrando nesta actividade.

Animaliños

Aquí tes algunhas actividades para que aprendas moito sobre os animais.

Cos cinco sentidos

Deberás empregar os cinco sentidos para completar esta actividade. Sorte!

Bos hábitos

Con estas actividades, reforzarás os bos hábitos: vestirte só, poñer a mesa, coidar as plantas, xogar cos amigos e prepararte un zume.

Escribir palabras e oracións

Con esta actividade, practicarás a escritura de palabras e oracións.

R suave e R forte

A ver se lembras cal é a R suave e cal, a forte.

Máis vocabulario

Aquí tes uns exercicios para seguir aumentando o teu vocabulario.

A restar!

Agora toca practicar as restas sen levar.