Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Wilbur, the cat

Debuxos con ceras do gato Wilbur, realizados na hora de Plástica coa profe de Inglés.

Dani Lorenzo                             Dani Ferrero

 Noa                                           Martín

Saúl                                             Víctor

Carmen                                         Carlos

Votación de palabras

A nosa clase participou na votación para elixir as palabras que deberán aparecer nos textos que se presentarán ao IV Concurso de Microrrelatos e Micropoemas, organizado por Dinamizaestrada para todo o alumnado dos centros educativos da Estrada.
Velaquí a urna, as papeletas e o taboleiro coas palabras candidatas, extraídas todas da obra de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:

martes, 8 de noviembre de 2016

Máis sumas ata 10

Velaquí algunhas sumas cuxos resultados serán sempre números do o ao 10. A sumar!

Premede na imaxe para comezar o xogo.

domingo, 6 de noviembre de 2016

jueves, 3 de noviembre de 2016

Cheo de Moscas

Na porta da aula de PT apareceu o monstro Cheo de Moscas, que está moi triste porque todos se burlan del por estar cheo de moscas. Así que entre todos os nenos e nenas do cole decidimos animalo escribíndolle unhas notas agarimosas e pegándollas no corpo para que as teña sempre cerca. Quedou moi guapo!

As nosas mensaxes.

O monstro Cheo de Moscas.

martes, 1 de noviembre de 2016

Cabazas terroríficas

No cole organizouse na última semana de outubro unha exposición de cabazas de Samaín decoradas polo alumnado coa axuda das súas familias. Algúns dos nenos e nenas da nosa clase participaron con cabazas que daban moooooito medo! Aquí podedes velas, con coidado e tapando un pouco os ollos:

Daniel Lorenzo

Víctor Martínez

Saúl Otero

Noa Mendoza

Daniel Ferrero