Aquí atoparás as actividades da nosa clase de 1º e recursos educativos de 1º e 2º de primaria.

jueves, 27 de octubre de 2016

Postal-momia

Un ano máis, felicitámoslles o Samaín aos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi da Estrada, esta vez cunha postal-momia.


martes, 25 de octubre de 2016

domingo, 23 de octubre de 2016

Contar con lámpadas

Temos preparadas unhas lámpadas de cores para xogar convosco. Tedes que facer clic nelas para acendelas ata conseguir o número indicado.

Premede na imaxe para empezar o xogo.

viernes, 21 de octubre de 2016

Orientación espacial

Aquí podedes practicar a orientación espacial: cerca-lonxe, aberto-cerrado, esquerda-dereita, arriba-abaixo, igual-diferente, fóra-dentro...

Premede na imaxe para comezar as actividades.

Autorretratos

No taboleiro da aula temos os autorretratos que fixemos ao principio do curso.

jueves, 20 de octubre de 2016

Divertidas receitas de Samaín

Premede na imaxe para ver dezasete divertidas receitas con fantasmas, zombies, momias, bruxas e outras criaturas terroríficas.

martes, 18 de octubre de 2016

Parellas terroríficas

Imos facer parellas de personaxes de Halloween. Para iso tedes que fixarvos ben e exercitar a vosa memoria! 

Preme na imaxe para empezar a xogar.

lunes, 17 de octubre de 2016

Manualidades de Halloween

Aquí vos deixo algunhas ideas para realizar creativas e divertidas manualidades de Halloween na clase ou na casa cos máis pequenos: momias, fantasmas, arañas, morcegos, esqueletos, cabazas... Son moi fáciles!

sábado, 15 de octubre de 2016

Sumas de conxuntos

Con este xogo de Matemáticas, perfeccionaredes a suma horizontal de números dunha cifra a partir de conxuntos de obxectos relacionados coa praia. Só tedes que completar as sumas arrastrando os números aos cadrados verdes correspondentes.


viernes, 14 de octubre de 2016

Primeiras lecturas

Practicade un pouquiño con este xogo a lectura de palabras coas primeiras letras que estudamos: mpls, n e t.

jueves, 13 de octubre de 2016

Arts and Crafts

Este ano, a profe especialista de Inglés imparte neste idioma a área de Plástica na nosa clase. O primeiro traballo do curso nesta materia consistíu en formar cunha colaxe as palabras "Arts and Crafts". Estes son os pasos para facer as letras:
  1. Escribir nunha cartolina cun rotulador negro os contornos das letras.
  2. Recortar papeliños de cores e pegalos no interior das letras.
  3. Repasar de novo os contornos con rotulador negro.
  4. Plastificar as letras e recortalas.
  5. Colgar as letras na porta da aula.
Mirade que chula quedou a palabra "Arts":





Árbores multifroitas

Neste xogo ides atopar unhas árbores algo raras: son multifroitas, así que nunha mesma árbore pode haber peras, mazás... Vós teredes que atopar a parella de árbores coas mesmas froitas. Fixádevos ben!

Premede na imaxe para empezar a xogar.

miércoles, 12 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

Lecturas de outono

Xogos de iniciación á lectura ambientados no outono.

Premede na imaxe para comezar a xogar.

Dez monstros

Con este xogo, practícase a descomposición do 10 como unha suma de dous números. Facede parellas de cartas de xeito que o número total de elementos amosados en cada parella sexa 10.

Premede na imaxe para comezar a xogar.

jueves, 6 de octubre de 2016

Ola a tod@s!

Benvidos ao blog da aula de 1º de primaria do CEIP Manuel Villar Paramá. Desde aquí, poderedes asomarvos ás actividades da nosa clase e tamén acceder a recursos educativos de interese para o noso nivel.

Agardamos aprender e divertirnos xuntos!


Para empezar, deixámosvos algún material sobre esta época do ano.

Como entrante, e xa que se achega o Samaín, podedes ver un vídeo sobre esta festa, con música de Mamá Cabra.



No seguinte vídeo atoparedes como debuxar facilmente unha árbore de outono.


E agora, se premedes na castaña, pasaredes un bo rato co conto A castaña que rebentou de risa.